Hai moitas formas de avaliar e aprender a Historia da Arte.Por que non facelo diante das obras? Así resulta máis doado!!!
Archivo del autor: Seminario Menor
Gala Reimaxina a ciencia
16 abril Día internacional contra a escravitude infantil
Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º da ESO visitaron a praza de Iqbal Masih para facer un sinxelo e emotivo homenaxe á Iqbal.
Iqbal Masih foi un neno paquistaní que loitou polos seus dereitos e os doutros nenos como el. Tristemente, a súa historia é a de moitos outros nenos que son vítimas do traballo infantil e a explotación laboral en todo o mundo. Aquí tedes un pedaciño do que leron na praza :
“Querido Iqbal estamos hoxe aquí reunidos na praza que leva o teu nome para dicirche que a corrente de solidariedade que ti iniciaches en 1995, fai xa case 30 anos , segue en marcha, e que todos xuntos dicimos : Nin un só neno escravo máis!, e que os nenos teñen que xogar e ir á escola. Ese é o seu traballo, o demais é unha inxustiza que debe ser coñecida e solucionada”
Despois da lectura dun poema e de facer unha oración, deixamos unhas bonitas flores.
Grazas Iqbal pola túa xenerosidade e valentía de ter entregado a túa vida por outros nenos .Encargarémonos de que o teu testemuño sexa coñecido.