Este ano, por primeira vez no centro, o alumnado de 1º de ESO que quixo, participou no concurso Canguro Matemático organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) dentro da convocatoria realizada a nivel internacional pola Asociación Kangourou Sen Fronteiras ( AKSF).
Tratábase de que o alumnado afrontaba un reto persoal de forma lúdica con cuestións matemáticas de dificultade crecente.
Estamos moi contentos coa participación de María Machado, David Prieto, Ainhoa Ferreiro, Álvaro Váquez e Iago González Moreira porque deste xeito podemos potenciar o gusto polas matemáticas sen ser requisito ter unha boa calificación na materia de matemáticas, perdendo o medo a esta. Esperamos que a próxima vez sexamos máis, pero non mellores porque é imposible.