Este sábado, 21 de maio, Deus mediante, culminarémola última etapa do camiño francés que chega a Santiago.
Ao longo do curso, unha pequena representación de alumnos, pais, profesores, persoal e amigos do Seminario percorremos as distintas etapas deste camiño ao seu paso pola nosa comunidade autónoma, dende Pedrafita do Cebreiro. Foi, sen dúbida algunha, unha fermosa experiencia que se suma así o Camiño portugués realizado no pasado curso.
Ás 9:00 h. sairemos do noso Seminario para percorrer os escasos kilómetros que nos quedan dende o Monte do Gozo. Chegaremos con tempo suficiente para atravesala Porta da Misericordia, confesarnos e coller sitio. Trala celebración eucarística das 12:00 h. compartiremos xantar no Restaurante Rey David.
Poden sumarse este día tódolos que o desexen, pero é necesario inscribirse previamente a través do correo santiromero@smasuncion.es