Xa queda menos. Neste pasado domingo xuntabámonos un nutrido grupo para facer a penúltima etapa da nosa particular peregrinaxe ata Santiago de Compostela. Nun principio tiñamos a idea de chegares xa á cidade do Apóstolo, pero finalmente trinfou a proposta de deixar estes últimos kilómetros para un fin de semana no que se poida animar máis xente. A data está buscada: o primeiro fin de semana de xuño. Soamente falta elixir o día; sábado ou domingo (festa do Corpus Christi), segundo conveña á maioría.
Namentres nos imos decidindo deixámosvos cunha pequena reportaxe fotográfica do último tramo realizado; dende Iria Flavia (onde San Rosendo, noso copatrono, foi bispo) até O Milladoiro.