Ao longo dos cursos pasados puxemos en marcha a experiencia de realizar xuntos distintos tramos do Camiño a Santiago que transcorre polas nosas terras. O primeiro ano fixemos os tramos do camiño portugués, o segundo ano os do camiño francés e, nesta nova edición, faremos os do camiño inglés dende Ferrol.
Comezaremos este sábado, día 8, e partiremos dende Ferrol coa intención de chegar ata Neda, onde, como cada xornada, xantaremos e celebraremos a Eucaristía dominical antes de voltar para o Seminario.
Recordamos, a continuación, algúns datos básicos de interese:
– Etapa: Ferrol – Neda.
– Material necesario: Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo e para cambiarse (se nos mollamos), chubasquero, botella de auga, comida de cada día…
– Saída: Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:00 h.
– Inscricións: Por correo electrónico, indicando nome e apelidos. Dirección: santiromero@smasuncion.es Sempre haberá correo de resposta para asegurar a inscrición. Ante calquera dúbida, poden escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.
– Prezo: Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día.
– Poden participar: Tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma todos aqueles que se sintan vinculados ou desexen coñecer esta institución.