Este mércores, a Escola de Teatro do Seminario Menor comezaba a dar os primeiros pasos do novo curso escolar. Facíao cunha primeira toma de contacto cos alumnos de pasadas edicións e facendo un pequeno adianto da obra que este ano levaremos a escena: O enfermo imaxinario, de Molière.
Tras este primeiro contacto visual, gustamos da visita do actor Manuel Manquiña, famoso pola súa participación en diversas películas e obras de teatro e nominado para o Goya a mellor actor revelación na pasada edición deste ano 2016.
O actor, que xa visitara o centro durante a representación dos Miserables, ilustrounos cunha serie de consellos para mellorar a técnica no escenario e que se poden condensar en: dominación do espazo e do tempo, traballo en equipo, necesidade de estudio e práctica dentro e fora do escenario, expresión oral, improvisación controlada…
A xornada rematou coas fotos de rigor e un encontro xa mais informal con algún dos profesores.
Xa vedes que non será por bos consellos… Así que… Adiante! O escenario e noso!