Hoxe no día do deporte da Semana cultural, quixemos renderlle un merecido recoñecemento a un home, deportista e comunicador con máis de trinta anos de servizo e paixón pola súa profesión, Terio Carrera. Ao longo de máis de hora e media, departiu connosco multitude de anécdotas, momentos emocionantes e non tan gratificantes no exercicio da súa actividade.
Foron moitas as personalidades do mundo do deporte, a comunicación, a política e o entretemento os que se sumaron ao acto con mensaxes de agarimo e respecto.
O noso alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, escoitaron con atención as súas palabras sobre a cultura do esforzo, a dedicación e o amor a unha profesión na que se divirte como o primeiro día.