Baixo este título tan suxerinte, e coa presenza do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, D. Valentín García Gómez, foi presentado esta mañá no salón de actos do Seminario Menor un novo libro que recolle a experiencia dunha das primeiras promocións do noso centro, en concreto a de 1954-1966.
Coincidindo co 50 aniversario do remate dos seus estudos, tivo lugar unha xuntanza da devandita promoción. Houbo tempo para percorrer novamente os distintos espazos que no seu día encheron de vida, celebrar a Eucaristía, saudarse persoalmente e, como non, compartir xuntos o xantar.
É un motivo de ledicia, e o mesmo tempo unha satisfacción, volver acoller aos que nunca deixaron de formar parte da historia de Belvís, recordando así a tódolos antigos alumnos e amigos do Seminario que sempre terán abertas as portas desta súa casa.
Noraboa por este tipo de iniciativas!