Se a primeira xornada da Semana Cultural foi agotadora, non o foi menos o segundo día. En certo modo tratábase daquilo que levabamos máis tempo preparando: a representación teatral de Moby Dick. A balea sobre o escenario.
Namentres os nosos alumnos visitaban distintos museos e actividades na cidade, o grupo de teatro facía a súa posta en escena para os alumnos dos colexios Xuventude e Vilas Alborada. Esto no que a mañá se refire, posto que na sesión da tarde facíase outro tanto para o público xeral. Somentes se lles solicitaba colaborar cun kilo de alimentos para axudar aos máis desfavorecidos. O resultado foron casi 240 paquetes recollidos. Dende aquí o noso recoñecido agradecemento.
Bástenos citar, por último, as distintas institucións vistadas esta mañá: Museo de San Martiño Pinario, Museo de Terra Santa, Museo do Pobo Galego, Museo de Arte Contemporáneo, Museo das Peregrinacións e da Cidade de Santiago, Patrimonio Histórico-Artístico da USC e monólogos divulgativos dentro das Xornadas Locos por la Ciencia organizadas na Cidade da Cultura.
O mércores será o torno do Video Fórum coa película Blind side, a partir das 9 da mañá, sobre o acoso e a integración. Ás 13:00 h. D. Ricardo Sanjurjo impartirá a súa conferencia Verbas de Misericordia. A experiencia bíblica. E, xa pola tarde, a oportunidade de coñecer de preto algunas experiencias de caridade e misericordia que a Igrexa leva a cabo.