Estimados pais e nais:
Antes de nada, reciban vostedes un cordial saúdo da Xefatura de Estudos do Colexio Seminario Menor.
O presente comunicado é para invitalos a participar nos actos académicos de fin de curso que terán lugar no noso centro o venres día 19 e coa seguinte distribución:
11, 30 h.- Celebración da Santa Misa.
12, 30 h.- Acto académico de Graduación dos alumnos de 4º de E.S.O., entrega de diplomas.
Así mesmo, convocámolos a unha reunión informativa para achegarlles as novidades relativas ao vindeiro curso académico 2015/2016. Terá lugar o mesmo venres 19, ás 16, 00 h., no salón de actos, para abordar os seguintes temas:
* Información dos proxectos e modificacións de interese para os alumnos e as súas familias.
* Cambios como consecuencias das modificacións da lexislación académica (LOMCE).
* Libros de texo.
Aproveitamos a ocasión para recordarlles que a entrega de notas será o vindeiro venres, 26 de xuño, ás 18:00 h., e o Curso de verán dará comezo o luns 3 de agosto.
Facemos extensiva esta invitación de xeito próximo e afectuoso a todas as familias para compartir estes felices momentos dos alumnos que rematan a Secundaria, así como para departir e conversar sobre este curso que remata e o proximo cuxo inicio xa se adiviña.
Un saúdo moi afectuoso, e agardamos velos este próximo venres.
A Xefatura de Estudios.