Os alumnos de 2º de Bacharelato participaron nos “Encontros na Zona USC”, no Campus de Santiago unha actividade promovida pola Universidade de Santiago, co fin de que os estudantes coñezan a nosa Universidade e teñan información de primeira man sobre os estudos que pensan cursar.
O persoal da USC fíxose cargo de recibir nos puntos de encontro, aos estudantes participantes e acompañalos nos distintos percorridos.
A visita percorreu as distintas facultades do Campus Sur: Dereito, Relacións laborais e ciencias Políticas, Química e Enxeñería Química, Bioloxía e Farmacia, Enxeñería Informática e Matemáticas, Física, Óptica, Psicoloxía e Ciencias da Educación. En cada facultade eran recibidos polos decanos para informalos e orientalos.
Os alumnos tamén puideron coñecer os campos deportivos e a biblioteca do Campus Sur.