Parece que acabamos de sair das festas de Nadal e xa temos diante as de Entroido.
Precisamente é este vocablo en lingua galega o que mellor reflexa a orixe desta celebración. Provén da palabra entroito (entrada), pois marca o inicio , ou mellor dito, os días previos á Coresma.
Como ben sabemos, a Santa Coresma é un tempo penitencial e de recollemento para prepararnos ás celebracións da Paixón, Morte e Resurrección do Señor. É lóxico, pois, que os días previos (o Entroido) foran unhas datas nas que houbera certa licencia para os excesos: as grandes comilonas ou as festas de disfraces.
Ao fío de todo isto foron aparecendo diversos fenómenos representativos das distintas zonas xeográficas da nosa terra: os desfiles das Canarias, as chirigotas de Cádiz ou, xa máis preto, os Xeneráis do Ulla ou os Peliqueiros de Laza. Non é menos toda a variedade gastronómica que foi aparecendo. Son propias destas datas as filloas, as orellas, as rosquiñas, o cocido…
Con tal motivo, os nosos alumnos, divididos en pequenos grupos e dirixidos polo persoal de cociña do Seminario, tamén vestiron o mandil para traballar na elaboración dos distintos productos que despóis ían degustar.
Sen dubida alguna, o mellor testemuño que podíamos dar do seu traballo xa é historia nos nosos estómagos pero, polo menos, podamos botar unha ollada ás instantáneas que aparecen na sección fotográfica.