A xornada do DOMUND céntrase, fundamentalmente, na celebración do DOMingo MUNDial de Oración polas Misións. Nembargantes, e neste contexto do Mes Misioneiro Extraordinario convocado polo Papa Francisco, o Seminario Menor quere adicar unha semana a profundizar na principal Misión da Igrexa, que é o anuncio do Evanxeo, con palabras e con feitos. E iso, dende unha triple perspectiva:
– O coñecemento da realidade e do traballo dos misioneiros, a través dunha sinxela exposición nos pasillos do Seminario, a visualización cada día dun testeñuño sobre a vida destas persoas e o encontro persoal con un deles, neste caso co Pai Juan Antonio (misioneiro comboniano).
– A oración confiada polo froito deste anuncio, tanto na celebración da Eucaristía coma na oración de cada clase.
– A axuda prestada mediante a nosa aportación económica nos coñecidos sobres do DOMUND que estamos a recoller nestes días.
Realmente, e levamos dúas xornadas, estamos maravillados coa ilusión, esforzo, confianza e traballo destas persoas nun contexto realmente heroico. Seguiremos afondando!!!!