Con tristura recibimos a noticia do pasamento de D. Donato Dosil, sacerdote da nosa arquidiocese e moi vinculado a cidade de Santiago de Compostela, onde desempeñou distintos cargos e encomendas.
O seu primeiro destino, no ano 1954, foi precisamente como mestre do Seminario Menor, cando esta institución daba os seus primeiros pasos. Testemuño da súa entrega e ilusión, a el debemos a letra do himno do Seminario, cantada por tantas xeracións de estudantes e ensinada incansablemente por D. Manuel Iglesias, de feliz memoria.
O funeral polo seu eterno descanso terá lugar o xoves 24, ás 16:30 horas, na igrexa parroquial de san Antonio de Fontiñas. Pola nosa parte, tamén o teremos presente no funeral de benfeitores que celebraremos o xoves 7 de novembro.