No Evanxeo deste domingo escoitamos a elección dos primeiros apóstolos. Pedro, Andrés, Santiago e Xoán son chamados por Xesús para deixar as súas redes e convertirse en pescadores de homes, para levar a todos o anuncio da Boa Nova.
Non deixaremos nunca de pedirlle ao Señor que hoxe, ao igual que entón, siga habendo numerosos mozos dispostos a deixalo todo para seguir os seus pasos. Iso é o que buscamos dende o Seminario; axudar a que todos descubran a súa vocación, xa sea sacerdotal ou matrimonial.
Deixámosvos aquí un impactante vídeo vocacional sobre este tema: Fisher of Men