A medida que imos coñecendo o Seminario facémonos conscientes de que a labor educativa que impulsamos dende o centro non se limita o estritamente académico. Xunto ao tempo das clases existen tamén outro tipo de actividades como son as visitas culturais e a exposicións, obras de teatro, clases prácticas e distintos talleres levados a cabo en varias sesións sobre distintas temáticas.
Ao longo destes últimos días, os distintos cursos tiveron ocasión de participar nalgunha das representacións teatrais do Festival Galicreques, en concreto nas de Bala perdida e Macbeth.
Tamén houbo tempo para visitar as exposicións do DOMUND ou do Mestre Mateo, escoitar a Luz Casal no pregón que pronunciou na catedral sobre a labor dos misioneiros ou participar en distintas andainas no Camiño de Santiago e no Lago de Castiñeiras.
Agora mesmo, os alumnos de 4º ESO están a participar nun Taller sobre Drogas e, no segundo trimestre, dará comezo un sobre Educación afectivo-sexual.
De todas estas actividades imos dando conta a través das redes sociais do Seminario. Invitámosvos a mergullarvos nelas, visualizar as fotos e tamén facervos seguidores das nosas actividades.