O próximo mércores 13 de Maio, o alumnado de 2.º, 3.º, 4.º da ESO de ciencias van realizar realizar unha saída didáctica ao Parque tecnolóxico de Galicia en Ourense a asistir á Feira Científica máis importante da nosa comunidade e que versa este ano sobre ciberseguridade. Esta actividade forma parte dun traballo previo na aula, no que o alumnado investigou e reflexionou, superando retos exitosamente. Como culminación deste traballo, organizamos esta visita que lles permitirá entrar en contacto directo con contidos científicos e experiencias interactivas vinculadas á Ciberseguridade.
Queremos expresar a nosa máis sincera felicitación ao equipo de Jacobo, José e Carla de 2º da ESO do noso centro polo seu excelente traballo nos retos de ciberseguridade de Galiciencia.
O voso esforzo, dedicación e capacidade para afrontar desafíos complexos son un exemplo do talento e potencial que temos no centro no ámbito tecnolóxico. Chegar á final é xa un logro moi significativo que reflicte o voso compromiso coa aprendizaxe e a innovación.
Desexámosvos moito éxito na final e animámosvos a seguir desfrutando e desenvolvendo as vosas habilidades no apaixonante mundo da ciberseguridade.
Noraboa polo gran traballo!
Departamento de Ciencias.












