O noso colexio ten o pracer de anunciar que o grupo de teatro escolar estreará proximamente a súa nova obra, froito de meses de ensaios, ilusión e traballo en equipo.
O alumnado participante leva semanas preparando cada detalle da representación: desde a interpretación dos seus personaxes ata a escenografía e o vestiario. Este proxecto non só lles permite desenvolver habilidades artísticas, senón tamén fomentar valores como a colaboración, a responsabilidade e a creatividade.
O martes 16 ás 19,00 h. no salón de actos do centro, nun evento aberto á comunidade educativa. Será unha excelente oportunidade para gozar do talento do noso alumnado e apoiar o seu esforzo enriba do escenario.
Desde o colexio queremos convidar a todas as familias e persoas interesadas a asistir a esta representación, que promete emoción, diversión e moitas sorpresas.








