Co Desafío Inicial, dan comezo os proxectos do 2º Trimestre dos ámbitos Socio-Lingüístico e Científico-Técnico. Ver todo na web de Proxectos.
Campaña solidaria.
Achegandonos a unhas datas tan significativas para os cristiáns como é o Nadal dende o Colexio Seminario Menor da Asunción e o CPR Casa do Neno facemos un chamamento á súa colaboración nunha campaña de RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA en favor dos colectivos máis vulnerables atendidos, neste caso, por entidades diocesás.
Máis información no menú de Pastoral.
Xuntanza da promoción 71-79.
O sábado 29 do mes pasado, tal e como vimos facendo cada derradeiro sábado de novembro dos últimos 27 anos, tivemos a nosa xuntanza anual (ex-alumnos da promoción 71-79). O noso primeiro acto da xornada foi unha ofrenda floral, unhas oracións e un responso na capela do Seminario, para os compañeiros que, por desgraza, xa non están connosco. Que Dios os teña na súa gloria.







