logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

A comunidade de menores, aos pes da Virxe, en Fátima

Publicada en 11 de marzo de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Fátima     Un dos momentos máis importantes na vida espiritual do Seminario é o momento dos Exercicios Espirituais, ao chegar o tempo de Coresma. Trátase de dedicar por enteiro uns días a afondar na experiencia de Deus deixando de lado a rutina do día a día. Loxicamente, estes exercicios son sempre adaptados á idade dos que neles participan, e enfocados dende diversos ángulos.

     No caso da comunidade de menores, este ano desprazámonos ao Santuario de Fátima, onde xa fai case cen anos, Nosa Señora apareceuse a tres pastorciños para invitalos a que o mundo retomase con forza o espírito de oración e penitencia. Percorrendo as casas dos videntes, participando nalgúns dos actos da Capelinha, traballando a título persoal na casa de retiros e compartindo a fraternidade, penso que todos voltamos para a casa cunha ilusión renovada no seguimento e entrega a Cristo. Se estes rapaciños chegaron a ser santos, por qué nós non o imos intentar?

Tweet
« Conferencia de Física para Bachillerato
Este viernes, escuela de padres »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter