Adaptación Citerios Avaliación Grego
Materia: Grego.
Cursos: 1º e 2º de Bacharelato.
Consideradas as circunstancias da situación provocada pola crise sanitaria do coronavirus e atendendo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, comunícanse as modificacións da programación desta materia nos apartados que afectan á avaliación dos alumnos:
Criterios de avaliación
A nota final na convocatoria ordinaria de xuño obterase coa media ponderada da 1a e da 2a avaliación, que terán un peso do 40% e do 60% respectivamente.
Propoñeranse exercicios de repaso, reforzo e, se é o caso, recuperación dos contidos vistos ata a interrupción das clases.
Os alumnos que teñan algunha avaliación suspensa poderán recuperar a materia coa entrega destas tarefas, segundo se indique particularmente en cada caso.
Os alumnos aprobados poderán incrementar a súa nota ata un 20% respecto á media ponderada da 1a e 2a avaliación, calculada segundo se indicou máis arriba. En calquera caso, todos os traballos deberán ter calidade nos seus contidos e corrección na súa forma para que sexan considerados positivamente.
Procedementos de avaliación:
Traballos, exercicios e tests, especialmente os sinalados do manual e do caderno de exercicios usado como libro de traballo durante o curso.
Información aportada polo caderno do alumno (por medio das fotos que deberá enviar polo medio telemático que teña ao seu alcance) para valorar as distintas actividades; considerarase a organización e limpeza do mesmo.
Valoración da actitude: entrega das tarefas, puntualidade na súa entrega, atención ás observacións e recomendación que se fagan, participación, interese, etc.
Instrumentos:
- Exercicios escritos (completar formularios, redacción de textos sinxelos).
- Rúbricas de cada unidade didáctica.
- Rexistro do traballo semanal.
Proba extraordinaria de setembro
A realización das actividades de recuperación propostas supoñerá o 40 % da nota. Estas actividades sinalaranse no seu momento nunha ficha personalizada para cada alumno.
Farase unha proba escrita sobre os contidos vistos ata a interrupción das clases presenciais, que supoñerá o 60 % da nota final.
Alumnos co materia pendente
Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que para os alumnos ordinarios.