Adaptación Criterios Avaliación Bioloxía e Xeoloxía
Revisión da Programación para o 3º TRIMESTRE. Criterios de avaliación
Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial dende o pasado 13 de marzo, e seguindo as instrucións do 27 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, procédese a continuación a detallar as modificacións que afectan ás programacións das distintas materias que imparte o departamento de Bioloxía e Xeoloxía do Seminario Menor da Asunción de Santiago de Compostela.
Estas modificacións, aprobadas en reunión telemática dos departamentos con data 30/04/20 ás 12 horas, é que estarán vixentes dende esta data e ata o remate do curso académico no mes de Xuño.
Introdución
Coa idea de axudar todo o posible no terceiro trimestre ó alumnado da comunidade educativa do Seminario Menor, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, previa revisión da programación didáctica, concreta as actividades lectivas, distribuídas en tarefas diarias (de acordo cos tempos asignados no seu horario habitual), tentando de organizar un traballo levadeiro no seu desenvolvemento individual, coa pretensión e finalidade da superación das avaliacións suspensas e da mellora de cualificacións das dúas avaliacións -1a e 2a- para todos os cursos e asignaturas de ESO e de Bacharelato.
Como queira que hai alumnos con avaliacións suspensas e alumnos con avaliacións aprobadas, como norma xeral, as tarefas a realizar consistirán en repasos e ampliacións das materias, reforzos, exercicios, traballos e exames (controis probas), dos que se irá dando debida información na plataforma do Centro.
Situacións
Existen tres situacións a considerar, as que se lle aplicarán os seguintes procedementos e ferramentas:
- Alumnos coas dúas avaliacións aprobadas (1a/2a): repaso e ampliación de contidos da 1a e 2a avaliación, exercicios e traballos.
- Alumnos coas dúas avaliacións suspensas: repaso e ampliación de contidos, reforzos exercicios, traballos e controis/probas.
- Alumnos con 1 avaliación aprobada e 1 avaliación suspensa(1a/2a): na avaliación aprobada, repaso e ampliación de contidos, exercicios, traballos; na avaliación suspensa, repaso e ampliación de contidos, reforzos, exercicios, traballos e probas/controis.
Se o profesor o cree necesario, pode ofrecer materia da 3a avaliación, non avaliable.
Observacións
Á vista das cualificacións obtidas na 1a e 2a avaliación, o Departamento decidiu:
- O alumno aproba a asignatura si obtén 5 puntos de media despois de sumar as notas de cada unha delas e dividir por dous. Para que a nota media sexa aplicable, é preciso que o alumno realice as tarefas indicadas no 3o trimestre.
- Os alumnos que consigan recuperar unha avaliación (1a 2a), por cumprimento das tarefas no 3o trimestre, obterán un aprobado con 5 puntos na avaliación correspondente.
- Pola realización de actividades de mellora no 3o trimestre, os alumnos que as fagan poden conseguir entre 1-2 puntos en función dos resultados.
Os alumnos teñen dereito á proba oficial do mes de maio, que será efectuada mediante exercicios, enviados diariamente ó longo do mes polo profesorado do Departamento.
Alumnos coa materia de bioloxía e xeoloxía pendente de cursos anteriores.
Para o alumnos coa materia de bioloxía e xeoloxía pendente de cursos anteriores seguirase o mesmo procedemento que o indicado anteriormente na introducción: tarefas de reforzo, repaso e recuperación.
- Os alumnos deben entregar todas as tarefas de reforzo, repaso e recuperación, o que lle reportará ata 6 puntos na nota final, se están ben feitas ou correxidas.
- A cualificación final será a media aritmética de toda as tarefas de reforzo, repaso e recuperación e una proba telemática, que lle axudaría a incrementar a nota obtida polas tarefas.
Departamento de bioloxía e xeoloxía