Adaptación Criterios Avaliación Física 2º BACH
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS
Modificacións da Programación anual Materia Física 2º Bacharelato.
Con motivo da excepcional situación provocada pola crise sanitaria do COVI-19 e o estado de alarma declarado desde o 13 de marzo, o Departamento de CIENCIAS NATURAIS acorda levar a cabo unha serie de modificacións no desenvolvemento da súa programación anual para adaptarse á nova situación. As modificacións referidas teñen como obxectivo axudar neste momento de incertidume aos nosos alumnos e familias a afrontar con máis seguridade e certeza este último tramo do curso. Atendemos, ademais, ás instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. As modificacións teñen que ver fundamentalmente cos criterios de avaliación e resúmense nos seguintes puntos:
1º.- O alumnado que teña superadas as dúas primeiras avaliacións terá a materia aprobada coa media obtida dos resultados acadados no 1o e 2o trimestre atendendo aos criterios estabelecidos pola programación vixente.
A 3a avaliación terase en conta só en positivo. O alumnado coas dúas primeiras avaliacións aprobadas deberá seguir facendo aquelas tarefas que a profesora lle encomende ata final de curso se quere subir a súa cualificación final. Esta subida poderá ser, como máximo, de dous puntos.
2º.- O alumnado que teña suspensa algunha das dúas avaliacións anteriores poderá recuperalas realizando as tarefas que se lle indiquen. Aqueles que recuperen as avaliacións suspensas terán como cualificación final un 5.
3º.- A través da plataforma Educamos e do correo electrónico, a profesora da materia indicará as diferentes tarefas que o alumnado deberá facer, segundo a súa situación:
-Recuperar as avaliacións suspensas. -Seguir realizando tarefas para mellorar a calificación final.
4º.- Nota final: Para o alumnado que xa aprobou as dúas primeiras avaliacións, a nota final será a media das dúas primeiras avaliacións e terase en conta, ademais, o traballo realizado a partir
do 13 de marzo, que poderá supoñer, como máximo, dous puntos máis (como dixemos no punto 1º).
5º.- Alumnado coa materia pendente de cursos anteriores. Tal e como se recolle na Programación anual do Departamento, o alumnado que supere a materia no curso no que está actualmente, terá tamén aprobada a materia pendente. Para o resto do alumnado coa materia pendente, terase en conta o traballo realizado neste terceiro trimestre a través das tarefas que se lle encomenden a tal efecto.