Adaptación Criterios Avaliación Física e Química
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS
Modificacións da Programación anual Materia Física e química na ESO e 1º Bacharelato.
Con motivo da excepcional situación provocada pola crise sanitaria do COVI-19 e o estado de alarma declarado desde o 13 de marzo, o Departamento de CIENCIAS NATURAIS acorda levar a cabo unha serie de modificacións no desenvolvemntodesenvolvemento da súa programación anual para adaptarse á nova situación. As modificacións referidas teñen como obxectivo axudar neste momento de incertidume aos nosos alumnos e familias a afrontar con máis seguridade e certeza este último tramo do curso. Atendemos, ademais, ás instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. As modificacións teñen que ver fundamentalmente cos criterios de avaliación e resúmense nos seguintes puntos:
- O alumnado que teña superadas as dúas primeiras avaliacións terá a materia aprobada coa media obtida dos resultados acadados no 1o e 2o trimestre atendendo aos criterios estabelecidos pola programación vixente. A 3a avaliación terase en conta só en positivo. O alumnado coas dúas primeiras avaliacións aprobadas deberá seguir facendo aquelas tarefas que a profesora lle encomende ata final de curso se quere subir a súa cualificación final. Esta subida poderá ser, como máximo, de dous puntos.
- O alumnado que teña suspensa algunha das dúas avaliacións anteriores poderá recuperalas realizando as tarefas que se lle indiquen. Aqueles que recuperen as avaliacións suspensas terán como cualificación final un 5.
- A través da plataforma Educamos e do correo electrónico, a profesora da materia indicará as diferentes tarefas que o alumnado deberá facer, segundo a súa situación: Recuperar as avaliacións suspensas. -Seguir realizando tarefas para mellorar a calificación final.
- Nota final: Para o alumnado que xa aprobou as dúas primeiras avaliacións, a nota final será a media das dúas primeiras avaliacións e terase en conta, ademais, o traballo realizado a partir do 13 de marzo, que poderá supoñer, como máximo, dous puntos máis (como dixemos no punto 1o).
- Alumnado coa materia pendente de cursos anteriores. Tal e como se recolle na Programación anual do Departamento, o alumnado que supere a materia no curso no que está actualmente, terá tamén aprobada a materia pendente. Para o resto do alumnado coa materia pendente, terase en conta o traballo realizado neste terceiro trimestre a través das tarefas que se lle encomenden a tal efecto.