
Hoxe os alumnos e alumnas de segundo de bacharelato visitamos a catedral. Realizamos o roteiro do románico admirando en primeiro lugar o Pórtico da Gloria, de aí subimos aos tellados onde, a pesar da choiva, puidemos ver de preto a fábrica románica, terminamos pasando pola torre da carraca, a tribuna e unha visita ao museo.

