Para os efectos da subvención solicitada ao INEGA destinada á instalación do sistema de xeotermia no noso centro, e en cumprimento do establecido nas bases reguladoras da convocatoria, facemos pública a seguinte información:
O colexio é beneficiario dunha subvención do INEGA, motivo polo cal se incorpora a esta publicación o cartel oficial que así o acredita.




Durante a presentación, tamén compartimos co público as dinámicas de aprendizaxe cooperativa que empregamos nas aulas, coas que aprendemos mellor entre iguais, así como algunhas das rutinas de pensamento que nos axudan a ordenar as ideas, empregar a lóxica e desenvolver o razoamento. Foi unha experiencia enriquecedora e chea de aprendizaxe, na que comprobamos que ensinar tamén é unha forma de aprender. E, para rematar a xornada do mellor xeito, os compañeiros e compañeiras de 4o da ESO agasalláronnos cun delicioso chocolate quente, que endulzou a saída e puxo o broche perfecto a un día cheo de emocións e satisfacción.

