logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (Extracto)

Publicada en 25 de mayo de 2021 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

DESTINATARIOS

– Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/21.

– Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE);

– Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ademáis da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Anexo II – Autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante.

As autorizacións dos membros da unidade familiar distintos do solicitante figuran no anexo II, que aparece xunto coa última páxina da solicitude, no caso da presentación presencial, e como un documento anexo adicional no caso das solicitudes presentadas pola Sede Electrónica.

PRAZOS ESTABLECIDOS POLA CONVOCATORIA:

 Antes do 22.06.2021

DOCUMENTACION OBRIGATORIA

– ANEXO I debidamente cuberto.

– DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Para o alumnado de EP e ESO

  1. a) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

– Para os seguintes documentos si a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñaan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademáis de achegar os documentos xustificativos:

  • DNI ou NIE
  • Certificado do grao de discapacidade reconecido pola Xunta de Galicia
  • Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

– Para a declaración do imposto sobre as persoas fisicas ou, a falta deste, o certificado deatributacion de imputacións do exercicio 2019 será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

  1. b) Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

▪ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

▪ En caso de separación ou divorcio, ademáis deberan achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderáse acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

◦ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

◦ Certificado ou volante de convivencia.

◦ Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberan figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

  1. c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza a Xunta de Galicia.
  2. d) Violencia de xenero: Acreditaráse en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  3. e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
  4. f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  5. g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

Accede dende aquí a toda a documentación

Tweet
« Sacramento da Confirmación
O libro obxecto »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter