Castelao. Mirar por Galicia.
Este martes 18 de novembro o alumnado de 2º de bacharelato realizou unha saída á Cidade da Cultura, onde asistimos á exposición Castelao. Mirar por Galicia. Foi algo moi novidoso, pois mediante a IA fixeron unha exposición interactiva na que podías saudar a Castelao e che respondía cun sorriso e un aceno coa man.
Co gallo do 75 aniversario do seu pasamento, o Museo Centro Gaiás acolle esta novidosa mostra inmersiva onde se recupera o legado do intelectual galego. Coñecemos moitos datos da vida e da obra de Castelao, incluso puidemos escoitar a súa propia voz. A mostra percorre a memoria do recoñecido autor a través das súas pinturas, escritos e diferentes obxectos persoais, recreando momentos históricos como a Guerra Civíl Española ou a creación do Estatuto de Galicia.
O noso alumnado desfrutou moito desta visita guiada sobre o ilustre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, conseguindo lembrar o estudado neste primeiro trimestre e de seguro lles será útil para as vindeiras probas que deben afrontar.
Susana Ordóñez.

