Category Archives: Noticias
XOGADE: Liga de Bádminton Comarcal


O vindeiro sábado 24 de febreiro de 2026, celebrarase en Trazo a 2ª xornada da Liga de Bádminton Comarcal, incluída no programa XOGADE para o curso 2025/2026.
Nesta xornada participará o alumnado do noso centro, que continuará sumando experiencia deportiva e valores como o compañeirismo, o esforzo e o xogo limpo nun ambiente de convivencia e deporte.
Desexámoslles a todas e todos moita sorte nesta nova xornada de competición.
Suspendida a actividade, aprázase para a fin de semana seguinte.
Día de Martín Luther King.
A nosa comunidade educativa celebrou unha xornada moi especial dedicada ao Día de Martín Luther King, para lembrar a figura e o seu legado na loita polos dereitos civís, destacando valores como o respecto, a xustiza e a convivencia pacífica.
Como complemento a esta celebración, coincidindo coa xornada mensual dedicada ás Comidas do Mundo, o comedor escolar trasladounos nesta ocasión aos Estados Unidos. O alumnado puido gozar dun menú inspirado na gastronomía estadounidense, que foi recibido con moito entusiasmo. A experiencia permitiu descubrir novos sabores e achegarse á cultura doutro país dun xeito lúdico e educativo.
Esta combinación de actividades culturais e gastronómicas converteu o día nunha oportunidade perfecta para aprender máis sobre a historia, os costumes e a diversidade do mundo que nos rodea. Ademais, fomentou a curiosidade, o respecto entre culturas e a importancia de construír unha sociedade máis xusta e igualitaria, tal e como defendía Martin Luther King.
Unha xornada diferente, enriquecedora e chea de aprendizaxes que, sen dúbida, quedará no recordo de toda a comunidade.


