Hoxe celebramos no noso centro o , unha xornada de encontro e convivencia na que participou o alumnado de Infantil e Primaria de Casa do Neno, así como o de Secundaria e Bacharelato do Seminario Menor, acompañado polas súas familias.
A celebración comezou cun momento moi especial: unha ofrenda á Virxe da Asunción, patroa do Seminario Menor, e a San Xosé, patrón de Casa do Neno, no que toda a comunidade educativa participou con respecto e ilusión.
Ao longo da xornada, non faltaron as actividades lúdicas: inchables, xogos, carreiras e diferentes propostas que fixeron gozar a pequenos e maiores. Houbo tamén tempo para compartir un agradable picnic en familia, favorecendo a convivencia e o encontro entre todos.
O bo tempo acompañou, aínda que a calor foi intensa, polo que a auga e os xogos refrescantes tiveron un papel protagonista, engadindo aínda máis diversión á xornada.
Sen dúbida, foi un día cheo de alegría, participación e momentos compartidos que reforzan os lazos da nosa comunidade educativa.





