E como bos detectives os alumnos e alumnas de 1º de ESO descubriron que estamos rodeados de palabras, algunhas forman parte do noso corpo, outras as atopamos paseando polos corredores, no patio, enriba dos compañeiros. Algunhas, as mais tímidas resistíronse a ser atopadas.
O truco é poñerse unhas lentes especiais , as da observación e o traballo en grupo porque a misión non foi fácil só podían anotar as que levan v, b, j, g, h, ll. E estes incribles detectives conseguiron máis de cen palabras.