Espazos expositivos
A nosa institución acolle unha serie de espazos expositivos; algúns son permanentes e outros temporais, de fondos propios ou que chegan ata o noso centro con algún motivo.
Ao longo de todo o ano, con cita previa, pódese visitar o Museo do Cardeal Quiroga Palacios (o noso fundador), o Museo de Ciencias Naturais ou as salas adicadas á evolución da metodoloxía educativa no ámbito do Seminario Menor.
De xeito temporal, o Seminario acolleu nestes últimos anos diversas exposicións: de pintura, sobre o Pórtico da Gloria, Domingo Fontán, o Camiño Kumano, Mapas escolares, Ágatha Christie, o Deporte no Seminario, Homenaxe ao profesorado, a Música no Seminario, Xeración Nós e un longo etcétera que se suma a aquelas máis discretas preparadas polo propio alumnado con algún fin didáctico.