O pasado martes día 10 de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato tiveron unha charla de “Faladoiro: peregrinos de Esperanza, organizada polo departamento de Pastoral.
Nesta ocasión contamos coa presenza de D. Julián arcebispo emérito da nosa diocese. Gozamos do seu maxisterio e proximidade durante unha hora na que nos falou da necesidade de vivir con esperanza “o que ten esperanza sabe mirar ao futuro con confianza e vivir o presente con responsabilidade”, da importancia que temos os docentes á hora de transmitir non só coñecementos, senón de axudar a dar sentido ás nosas vidas cos valores propios da nosa fe. A dar testemuño dunha esperanza “proactiva”, que nos mova a facer cousas, a esperanza no que Dios nos prometeu tal como dinos San Pablo “Sei de quen me fiei e estou seguro”.