Hoxe celebramos a derradeira Festa da Aprendizaxe en 1º de ESO co título “O legado de Augusto”. O noso alumnado defendeu o proxecto con dignidade, deixando moi contentos aos seus proxenitores. A pesar dos nervios, fixeron un excelente traballo e foron felicitados por todos.
A través da súa exposición, as familias puideron volver á antigüidade e experimentar unha viaxe inesquecible.Todos estabamos nerviosos e á vez expectantes ante a exposición, posto que sempre impón ter un público esixente diante nosa; todo saíu moi ben, a pesar do nerviosismo e os familiares felicitáronnos polo gran traballo realizado.
Ademais dos coñecementos adquiridos, esta xornada lúdica serviunos para transmitir esa aprendizaxe e pasar un instante único. Grazas pola atención.

