Se ben é certo que o día propio de San Tomé de Aquino é o 28 de xaneiro, tamén o é o feito de que no Seminario Menor, dende fai varios cursos, trasladamos a súa celebración para o último día lectivo da semana.
Deste xeito, este venres honrabamos ao patrón da Educación Secundaria e Universitaria coa celebración da santa Misa e o xa tradicional Concurso, a partir da ferramenta Kahoot.
A temática deste ano, como non podía ser doutro xeito, versou sobre a vida do Apóstolo, o Ano Santo e o Camiño de Santiago. Para achegarnos a esta realidade, alumnos e profesores encargáronse de facer unha pequena representación teatralizada destes acontecementos. Así desfilaron ante os nosos ollos o Apóstolo (Manuel Rivademar) acompañado polos seus discípulos Atanasio (Yago García) e Teodoro (Isaac Rey).
O monxe Paio (Xacobe Casal) foi o encargado de avisar ao bispo Teodomiro (D. Manuel Mata) para dar fe do acontecemento. Tamén se fixeron presentes os reis Alfonso II (D. Jesús) e Alfonso III (D. Fernando) acompañados polo raíña Jimena (Dª. Rosalía).
Os gañadores foron os alumnos de 2º Bach, se ben é de destacar os altos postos acadados tamén por algúns alumnos da ESO e a comunidade de internos. Noraboa a todos!!!