logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Fin de etapa dos alumnos de 4º ESO

Publicada en 27 de junio de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Estimado Sr. Reitor, compañeiros do equipo formativo e do claustro de profesores, persoal non docente, familias e alumnos.

Chegamos ao final do Curso Escolar que, no caso dos alumnos de 4º, supón tamén o final (ou iso esperamos) da súa Educación Secundaria Obrigatoria.

Podemos dicir que chegades ao final dunha etapa, mais non ao final dos vosos estudos. A algún de vos contamos con seguir véndoo un par de cursos mentres que algún outro continuará cara outros horizontes. Nun e noutro caso, continuaredes pois, ao igual que o peregrino sabe que ao final do día culminou unha etapa pero toca seguir levantándose e avanzar ata chegar a ansiada meta.

Quizás tamén a nós nos poda pasar coma a eses peregrinos cos que cada día nos atopamos neste gran edificio. Se lles preguntamos, poderían contarnos como viviron cada unha desas etapas; cada un terá a súa experiencia; cada un pode experimentar o mesmo camiño dun xeito diferente; cada un pode tamén chegar ao final do día con sensacións moi distintas as vividas o día anterior: haberá etapas moito máis levadeiras e haberá tamén un cargamento ás costas moi diferente.

Hai quen acaba unha etapa do camiño (e tamén da súa vida) con sensación de plenitude, a pesares do cansazo. Hainos tamén que chegan ao final con grandes desilusións, sensacións de fracaso e sentindo que lles faltan as forzas para seguir camiñando; nese caso quizais conveña facer unha parada un pouco máis longa para tomar forzas e non desfalecer ou, incluso, abandonar temporalmente a ruta marcada para poder retomar ese mesmo camiño ou outro diferente cando as forzas acompañen. O que está claro é que o importante é sempre poder alcanzar a meta; os camiños, as etapas, non deixan de ser uns medios.

Quixera que hoxe tamén vós, estimados alumnos, forades capaces de discernir axeitadamente cal é a vosa meta, para que así o camiño que percorredes, as etapas que ides culminando, teñan un sentido, unha razón de ser. Iso é precisamente, como tantas veces vos teño repetido, o que distingue a un peregrino dun vagabundo. O peregrino sabe cara onde dirixe os seus pasos, mentres que o vagabundo simplemente se move sen saber moi ben onde irá a parar… Como queredes vivir a vosa vida? Coma peregrinos ou coma vagabundos? Cara onde queredes encamiñar os vosos pasos? Cal é a vosa meta?

Parecen cuestións xa moi malladas, pero non deixan de ser preguntas fundamentais ás que todos debemos de dar resposta máis pronto que tarde. Quizais non teñades aínda moi claras as respostas, pero non debedes renunciar a elas, para poder ir pechando etapas con sentido. E iso foi o que intentamos facer convosco durante estes anos, máis aló dunha ensinanza puramente academicista.

Quixera que esta etapa que hoxe pechades na compaña das vosas familias, dos vosos profesores e dos vosos compañeiros, fora unha etapa dun camiño que percorredes con sentido, que foi acompañada, loxicamente, de esforzos e cansazos; quizais tamén de enfados,  decepcións e frustracións, pero orgullosos de poder acabar o día con ese sabor de boca que sabe a plenitude e coa ilusión de poder seguir camiñando a partir de mañá cara unha meta que irá precedida de outras etapas.

Botando a vista atrás, non podemos menos que recoñecer que esta etapa foi moi diferente para cada un de vós. Daquel 1º da ESO que traía de cabeza aos profesores, encabezados pola que foi a vosa coordinadora de curso no 2018-2019 (Dª. María Bandín) tan só sobrevides Brais, Daniel e Iván. Ao ano seguinte uníronse Jacobo, Juan Alejandro, Andrés e Íker Prego. En 3º da ESO sumaríanse Xacobe e Íker Jones e, xa en 4º, a primeira rapaza: María. Polo camiño quedaron Austin, Nuno, Francisco Javier, Jesús, Óscar, Brais Janeiro e Adrián Cotón.

Sen dúbida algunha, foron bos anos, con moitas anécdotas, moito traballo, moitas risas e algunha que outra falcatruada que intentáchedes branquear dalgún xeito, co obxecto de apagar o lume que traería consigo algunha que outra bronca.

Tivéchedes a oportunidade de facer, de non facer, de deixarse facer e de facervos. Sen dúbida algunha todo iso contribuíu a construir o que sodes e senta as bases do que estades chamados a ser. Non o olvidedes. Belvís xa forma parte da vosa vida.

Deus queira que esta etapa e todas as que veñan podan ser recoñecidas con agradecemento, pola vosa parte e pola parte de aqueles que vos acompañaron no camiño. É o que, ao fin e ao cabo, hoxe estamos a facer con Andrea. Quixera que esta ocasión servira para remarcar o noso recoñecemento a ela e a cantos fan posible, dende o escondido, o noso día a día.

Remato retomando o símil do peregrino. E é que, sexa cal sexa o voso camiño, sexa cal sexa a vosa meta, sabemos que a todos nos agarda unha meta común, na que Deus nos espera cós brazos abertos. Pero non soamente na meta, ao final de cada etapa, durante todo o noso camiñar, Deus permanece ao noso lado, camiñando con nós, facéndose o encontradizo aínda que non o demos recoñecido, dándonos conversa, advertíndonos das dificultades, ata cargar incluso coa nosa mochila cando non podemos máis… Non o olvidedes: Deus camiña connosco.

E xa sabedes, se precisades retomar forzas en calquera das etapas, o Seminario Menor, Belvís, sempre será o albergue que vos estará esperando coas portas abertas. Aquí tedes a vosa casa.

Moitas grazas polo vivido nestes anos e que Deus vos garde.

Santiago Romero

Tweet
« Nin unha gota
Matrícula escolar »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter

Follow
Seminario Menor
@smasuncion
  • Proxecto sobre Economía Circular - https://t.co/BZRHCKqqZb https://t.co/yUF5S7bk9N 10:36AM - 10 Oct 2022
  • Unha volta pola contorna - https://t.co/owqno0iSEV https://t.co/ALLx6IFJpB 09:50PM - 4 Oct 2022
  • Celebramos o Día Europeo das Linguas - https://t.co/LNewzWZcfk https://t.co/0LjKrWHPDo 08:32PM - 27 Sep 2022

En Facebook

Seminario Menor de la Asunción

3 days ago

Seminario Menor de la Asunción
www.smasuncion.es/exposicion-fotografica/ ... See MoreSee Less

Exposición fotográfica

www.smasuncion.es

No contexto da Semana Cultural, dabamos apertura a unha interesante exposición fotográfica sobre persoas, costumes, lugares e obxetos que conforman as parroquias da nosa diocese compostelá. Foi ela
View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

3 days ago

Seminario Menor de la Asunción
Exposición fotográfica no Seminario Menor ... See MoreSee Less

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

4 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

5 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

5 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

En Instagram

Síguenos en Instagram

Etiquetas

1º BACH 1º ESO 2º BACH 2º ESO 3º ESO 4º ESO académico alumnos ano santo compostelán arte ayuda camino de santiago caridad ciencias conferencias cultura curso 2013-14 curso 2014-15 curso 2015-16 curso 2016-17 curso 2017-18 curso 2019-20 curso 2020-21 deportes diócesis escola de pais exposición extraescolar festival inauguración juventud letras libros navidad obispo oración padres peregrinación profesores semana cultural semda seminario teatro trilema vocaciones

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR