Funeral de Benfeitores 2025.
O pasado venres, a comunidade educativa dos Seminarios Menor e Maior e reuniuse para celebrar a tradicional misa de funeral polos nosos benfechores, un momento de lembranza agradecida e de profunda comunión interxeracional.
A eucaristía tivo lugar na capela maior do Seminario e contou coa presenza ademais dos respectivos Reitores, de todo o alumnado, dos claustros de profesores e das familias que quixeron acompañar esta celebración tan significativa. A misa estivo presidida polo Sr. arcebispo D. Francisco José, quen estivo acompañado polo arcebispo emérito D. Julián, sumándose así ambos á oración polos que, co seu apoio e xenerosidade, fixeron posible a vida e misión dos nosos seminarios ao longo dos anos.
Nun ambiente de respecto e recollimento, lembráronse aos benfechores falecidos, agradecendo a súa entrega e pedindo pola súa eterna recompensa. As lecturas, os cantos e a participación activa do alumnado deron á celebración unha especial beleza e profundidade.
Tras a misa, tivo lugar unha comida de convivencia que reuniu os claustros das dúas institucións xunto co arcebispo. Pola súa banda, o alumnado do Seminario Menor compartiu tamén un xantar fraterno co arcebispo, nun ambiente próximo e cordial no que puideron conversar e agradecer a súa presenza neste día sinalado.
A xornada concluíu cun sentimento común de gratitude, memoria e esperanza, reafirmando o compromiso dos Seminarios Menor e Maior coa formación humana, intelectual e espiritual das novas xeracións.

