Dentro do proxecto “En construción” protagonizado por 2º ESO non podía faltar unha visita á construción arquitectónica máis destacada do século XXI en Santiago de Compostela.
Estudando os detalles do deseño de Peter Eisenman, bombardeamos a guía con miles de preguntas que xurdiron do gran interese que o tema espertou en nós durante estas semanas.
O paseo de ida e volta entre os bidueiros plantados na ladeira do monte Gaias entre risas e discusións sobre cal era o camiño máis curto, pechou a saída, voltando para aproveitar as últimas horas de clase.
María Bandín