A semana pasada o noso centro vestiuse de proxectos. En terceiro da ESO adentrámonos no aparello dixestivo, en segundo experimentamos coa densidade e as lonxitudes do noso corpo e os máis pequenos da ESO viaxamos a 4000 anos antes de Cristo. Sempre é unha sorpresa atopar a clase cambiada e ter un novo reto de aprendizaxe. Iniciamos proxectose con eles, oportunidades para aprender a pensar, mellorar a nosa presentación dos porfolios e abordar contidos e habilidades dun xeito máis conectado coa vida e outras materias. Un saludo, María Bandín