Os cursos van pasando case sen darnos en conta e, en menos dun ano, moitos dos alumnos que chegaban a esta casa sendo uns rapaces pequenos darán o paso aos estudos universitarios. Tendo isto presente, e aproveitándoo como una actividade máis a hora de coñecer a nosa Historia e maila nosa Arte, os alumnos de 2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de coñecer o valor patrimonial da Universidade da Santiago de Compostela.
Neste roteiro, no que estiveron acompañados por D. José Luis e Dª. Yolanda, achegáronse ata o Pazo de San Xerome e o seu Salón Nobre, a Biblioteca Xeral de Fonseca, a Biblioteca América e mailo Paraninfo da Universidade sito na Facultade de Xeografía e Historia. Tamén houbo tempo para percorrer as cubertas dalgúns dos edificios máis significativos da Universidade e contemplar as súas vistas.
Na sección de fotos, coma sempre, tes una ampla colección das imaxes deste día.