Despois de varias semanas de traballo, os seminarios menores de Galicia estrean páxina web coa información básica para coñecer a nosa identidade educativa e a nosa forma de traballar.
A plasmación deste proxecto vai máis aló dun horizonte publicitario; pretende afianzar lazos e colaboración entre os nosos centros baseándose nunha educación de calidade e personalizada.
O primeiro paso está dado, pero virán moitos máis… Por iso invitámosvos a coñecela e a darlle difusión entre a nosa xente; Lugo, Ourense, Tui e Santiago agárdannos!!!
Preme sobre a imaxe para acceder a ela.