Palabras dos alumnos de 2º BACH da promoción 2020-2021
Estimado Sr. Reitor, profesores, persal non docente, alumnos e queridísimo D. Tino, noso padriño. Queremos darlles as grazas por estar ao noso lado en todo momento. Tamén recordar á nosa familia, que foi unha axuda incondicional ao longo desta etapa.
Logo de este ano tan complexo rematamos este período tan fermoso e inovidable da nosa vida. O curso comezou dunha maneira bastante atípica, nada normal para o que estamos acostumados, por iso este ano foi complicado, como complicado tamén é aprobar castelán, con o noso queridísimo D. José, o sabio.
A medida que o curso iba avanzando, as adversidades viñan vindo dunha forma enrevesada, como as volutas das columnas explicadas por Dª. Teresa. Aínda que as facilidades para nós non sexan como para Dª. Rosalía, que para ela todo é sinxelo, superamos o curso da mellor maneira posible.
Tivemos varios cambios bruscos ao longo do curso, un deles foi a marcha de D. Manuel, despois de tantos anos acompañándonos neste camiño e que tantos recordos nos deixará.
Tamén lle temos un gran agarimo ao noso mestre de inglés, que ainda que nos vacile día sí e día tamén, vámoslle gardar un cariño especial, a pesar dos seus exámenes nada sinxelos.
Xa que estamos no Seminario, temos que nombrar o párroco D. Santiago, quen estivo moito enriba nosa, as veces demasiado, e que nos axudou a formarnos coma persoas.
Ao longo do curso tivemos moitos recordos e anécdotas, como o tiktok do porco do noso Brais Reboiras, que aínda non o puidemos catar.
A decir verdade, somos unha clase con un espíritu de compañeirismo invidiable; temos un concepto piña que está moi arraigado, un dos nosos piares fundamentais ao longo desta etapa.
Falar tamén do noso anxo da garda, Dª. Yolanda, quen nos estivo respaldando ao longo da nosa estancia nesta casa, porque así a consideramos.
Neste ano aprendemos o que é cursar 2º BACH. O aviso de que este curso non ía a ser doado era certo, pois así o puidemos comprobar ao longo destes meses.
Non pode faltar a referencia hacia Dª. Begoña, a persoa mais rockeira da nosa aula e que nos leva axudando moito durante estes anos, a nosa coordinadora ata o ano pasado
Non queremos rematar este discurso de despedida sen lembrarnos do noso titor, xa que a súa axuda e disciplina foi fundamental para acadar o obxectivo proposto alá polo mes de setembro.
Queremos recalcar que non é un ata sempre se non un deica logo. Alá onde vaiamos, dende Dodro pasando por Brión e chegando ata Cee, onde sempre teremos un bo amigo feito no noso Seminario.
Moitas grazas a todas as peroas que fixeron posible disfrutar desta gran familia que sempre recordaremos.
Un millón de grazas!!