Comezamos con moita ilusión un novo proxecto interdisciplinar co alumnado de 2º da ESO baixo o título “Que a forza te acompañe”. Esta proposta, inspirada nun universo motivador e creativo, permitiranos traballar a forza desde diferentes perspectivas ao longo das próximas semanas.
Como punto de partida, realizamos unha situación de aprendizaxe centrada na elaboración dunha táboa de exercicios relacionados coa forza. Para iso, o alumnado investigou e recolleu información a partir de distintas fontes, incluíndo preguntas na saída ao multiusos de Sar. No ximnasio poidemos comprender a importancia de exercitar a forza, coñecer os elementos que se poden empregar e descubrir que recursos podemos atopar nas distintas salas que nos poden resultar útiles.
Ao final, na aula reflexionamos realizando a metacognición, na que o alumnado fixo un exercicio de memoria sobre o que xa sabía do tema, o que lle gustaría aprender e mesmo propuxo ideas sobre posibles produtos finais do proxecto.
O ambiente na aula foi moi positivo, e esperemos que a Forza nos acompañe a librar todas as batallas.

