Este venres os alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato saímos cara o palacio de Fonseca a visitar a exposición temporal “Química para un mundo mellor”.
Nela poidemos saber máis dos avances extraordinarios atinxidos pola química e os esforzos a busca de novas solucións en sectores tan relevantes como a alimentación, a saúde, o medio ambiente o os materiais.
Gustounos especialmente a conexión que cada panel tiña cunha empresa amosándonos o gran texido industrial galego que en gran grado descoñecemos.
Tanto na primeira explicación, dirixida por un monitor especializado na materia, coma na segunda parte da visita, onde os nosos alumnos tiveron que respostar a un cuestionario sobre os contidos da exposición, poidemos decatarnos das grandes contribucións da química a sociedade, sendo cada vez máis conscientes de que sen ese esforzo e coñecemento aplicados, as nosas vidas serían completamente diferentes, moito máis limitadas.
María Bandín