Recollida de alimentos.
Achegandonos a unhas datas tan significativas para os cristiáns como é o Nadal dende o Colexio Seminario Menor da Asunción e o CPR Casa do Neno facemos un chamamento á súa colaboración nunha campaña de RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA en favor dos colectivos máis vulnerables atendidos, neste caso, por entidades diocesás.
O Papa León XIV recordanos na súa Exhortación Apostólica publicada recentemente “Dilexi te” que a opción preferencial polos pobres xera unha renovación extraordinaria tanto na Igrexa como na sociedade (DT. 7). Dende a nosa fe en Cristo feito pobre e sempre cercano aos pobres e excluídos (DT. 23), brota a nosa preocupación nun compromiso con esta realidade nada agradable, pero presente na nosa cidade.
Por tanto agradecemos de antemán a súa colaboración con esta iniciativa solidaria promovida dende ambos centros, coa intención de facer chegar aos máis vulnerables a nosa preocupación e coidado, porque cada vez que o fixechedes co máis pequeno dos meus irmáns, fixéchedelo comigo (Mt 25,40). Animamos pois a todas as familias a participar nesta campaña, cada unha dentro das súas posibilidades e quereres.
Suxerencias para as doacións:
- Pastas (diversos tipos), Arroz…
- Embutidos embasados ao vacío …
- Aceite ( de oliva e xirasol)…
- Conservas vexetais ( atún, sardiñas, mexillóns)…
- Legumes envasadas (fabas, garbanzos, chícharos)…
- Leite, Cereais, Galletas…
- Azucre, Fariña, Especias…
Os puntos habilitados para a recollida estarán na entrada de ambos centros.

