Repositorio dixital – Biblioteca Seminario Menor da Asunción
A Biblioteca do Seminario está composta por varias salas e corredores distribuídos ao longo do edificio, e conta con preto de 30.000 volumes clasificados en distintas materias. Entre elas poderemos atopar as seccións de Lingua e Literatura (subdividida en Clásicas, Castelán, Galego, Inglés, Italiano, Francés, Alemán e Portugués), Ciencias Naturais, Filosofía, Relixión, Monografías, Ciencias Sociais, Biografías, Música, Santiago, Ciencias da Educación, Fondo Antigo, etc.
Ao longo dos últimos cinco anos, a Biblioteca do Seminario multiplicouse por tres grazas á doazón de varios sacerdotes e institucións que quixeron que os seus fondos estivesen á disposición do noso alumnado. Tamén grazas ao inxente traballo do bibliotecario e numerosos profesores (titulares e en prácticas), está moi avanzado o novo sistema de fichaxe das obras que permite a consulta en liña do noso inventario.
Ponte en contacto con nós se estás interesado nalgún volume.