Residencia
O Seminario Menor conta dende os seus inicios coa posibilidade de que os alumnos poidan residir durante a semana no propio centro escolar. Nas primeiras décadas da súa existencia, a meirande parte dos alumnos eran internos. Hoxe en día son moitos os alumnos que dormen e comen a diario nas súas casas.
Na actualidade, a residencia está composta por preto de 50 habitacións individuais, recentemente renovadas. Tamén conta con salas de estar e outros espazos compartidos por toda a comunidade educativa, como o comedor, a biblioteca, a capela e as salas de xogo.
Tamén contan cun programa e horario propio que procura combinar o estudo, o lecer, a vida cultural e deportiva e, por suposto, a vida de oración e amizade co Señor.
Debido á súa condición de Seminario Menor, a residencia é exclusivamente masculina.