Coma ven sendo habitual no primeiro venres lectivo do curso, este venres, día 16, ás 16:00 horas, teremos a primeira reunión cos pais de tódolos alumnos.
Están convidados de xeito especial as familias que se incorporan este ano ao noso proxecto educativo, pero non só elas. Será a ocasión para coñecer o funcionamento do Seminario e presentar as novidades máis salientables.
Tamén haberá ocasión para saudar aos profesores e coñecer, quen así o desexe, as instalacións do centro.