Archivos de Etiquetas: 1º BACH
Mulleres que crearon pensamento
Este venres celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, instaurado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1993.
Coincidindo con esta data, no noso centro desenvólvense varias actividades encadradas nunha tarefa interdisciplinar titulada “Mulleres creadoras de pensamento”.
Na materia de Filosofía, o alumnado de 1º de bacharelato está elaborando un mural no que, a través dunha liña do tempo, reinvindican o importante labor que as mulleres realizaron ao longo da historia no campo do pensamento, labor moitas veces esquecido ou escurecido.
Por outra banda, as alumnas e alumnos de 4º da ESO analizan, a través da figura da escritora Emilia Pardo Bazán, non só a súa literatura, senón tamén o interese que suscitou nela a situación da muller na época. Entre outras iniciativas, dirixiu a colección Biblioteca de la Mujer, desde onde defendeu o dereito á educación das mulleres e criticou ferozmente a indiferenza social ante o que calificaba de “feminicidios”. De feito, hai unha compilación de relatos da autora titulado El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres.
A investigación, ademais, levounos ata outras autoras, contemporáneas de Pardo Bazán, e a descubrir os atrancos cos que se atopaban: Concepción Arenal, Rosalía de Castro, George Sand, Fernán Caballero, Emily Dickinson…. Algunhas delas incluso tiveron que usar pseudónimos masculinos para que a súa obra fose publicada e tomada en serio, nun momento no que escribir non encaixaba entre os intereses que se atribuían a unha dama.
Begoña Campaña
Cambio climático: mitos, lendas e ciencia
Hoxe tivemos a primeira dás cinco charlas temáticas do programa A Ponte que foron concedidas ao noso centro. Nesta actividade o profesorado dá USC imparte charlas sobre contidos do seu ámbito docente achegando así a Universidade ós alumnos de Bacharelato e ESO.
O profesor de Física Aplicada da USC, o Dr. José A. Rodríguez Añón , coordinador do Máster (MERYCSE) e do grupo de Investigación NaFoMat, falounos de “Cambio climático. Mitos, lendas e ciencia”.
Vivimos un momento de crisis ecolóxica no que é necesario actuar de xeito urxente a nivel persoal e institucional. O cambio climático é unha realidade que vai aumentando e que trae asociadas consecuencias mortais para o planeta: plagas, pandemias, escasez de auga, especies que desaparecen, ondas de calor e de frío, furacáns, aumento de patóxenos. Xa se detectaron brotes de cólera nas costas de Burela. Problemas de hambruna, maior mortalidade por enfermidades asociadas á contaminación.
Según o estudo “Climate change 2022 summary for policymakers” periga a vida de cinco mil millóns de persoas.
Dialogamos de que, en certo modo, somos un desastre xa que entendemos a magnitude do problema pero non somos conscientes de que hai que actuar, cambiando o noso estilo de vida, e a nosa forma de pensar. Aínda estamos a tempo.
Yolanda Gómez