Archivos de Etiquetas: 1º ESO
Inicio das clases
Na mañá deste venres, a Consellería de Educación comunicou que pospón o inicio do curso escolar para os alumnos de Secundaria e Bacharelato.
No caso do Seminario Menor, o comezo das clases, que estaba previsto para o mércores 16, trasládase ao mércores 23 de setembro. Ese día darán comezo todos os alumnos dos distintos cursos de ESO e Bacharelato.
Nos vindeiros días, as familias recibirán a través dos seus correos electrónicos e da prataforma Educamos, información máis detallada sobre a organización do curso.
Banco de libros. Fondo solidario de libros de texto
O Seminario Menor da Asunción dispón dun fondo de libros de texto creado a partir das aportacións voluntarias das familias e de aqueles libros adquiridos mediante axuda das administracións.
Nas actuales circunstancias, o centro pode garantir o acceso a un elevado número de libros para os seus alumnos, tendo sempre preferencia aquelas familias que aportaron a dito fondo. Nalgúns cursos incluso a totalidade de alumnos podería acceder a todos os libros necesarios (a excepción, lóxicamente, dos cuadernillos de traballo).
O reparto dos libros terá lugar na primeira semana do curso académico, podendo tamén mercar na librería do propio Seminario o material restante.
Agradecemos dende aquí as diversas aportacións, pois supoñen un importante aforro nas economías familiares e apelamos tamén ao coidado do material de cara a poder seguir garantindo este servizo.
Curso de Verán
LO SENTIMOS MUCHO, PERO ESTE AÑO, DEBIDO A LAS ESPECIALES CIRCUNSTANCIAS PROVOCADAS POR EL COVID 19, NO SE LLEVARÁ A CABO NUESTRO TRADICIONAL CURSO DE VERANO. NO OBSTANTE, LOS PROFESORES SEGUIRÁN A DISPOSICIÓN DE NUESTRO ALUMNADO DURANTE EL MES DE AGOSTO, VÍA TELEMÁTICA.
El Curso de Verano es una iniciativa del Seminario Menor que pretende ayudar a los alumnos tanto del propio Seminario como de otros centros a preparar las asignaturas de las cuales deberán examinarse en septiembre o también aquellas en las que necesitan un especial refuerzo.
Puedes acceder a una información más completa pinchando aquí.
Calendario de Fin de Curso
Noutras circunstancias, posiblemente nos tiveramos atopado ao longo destes días con motivo do final do curso. Segundo o calendario inicial, fai unhas semanas teriamos o Acto de Gradación dos alumnos de Bacharelato e nesta mesma mañá clausurariamos o curso cunha mención especial aos alumnos de 4º ESO. Non puido ser… Aínda así, a vida continúa e os trámites propios do final do trimestre tamén. Por iso, consideramos importante que tomen nota das seguintes datas e prazos:
- Luns 22 de xuño: Avaliación ordinaria dos alumnos de ESO e 1º BACH. Ao longo desa tarde serán publicadas as notas a través do XADE e do Educamos, polo que lles rogamos estean atentos.
- Martes 23 de xuño. De 9:00 a 13:00 os profesores estarán a súa disposición por se precisan comentar algunha nota[1].
- Xoves 25 e venres 26 de xuño. De 9:00 a 13:00 poderán acudir ao centro para a devolución dos libros de préstamo[2] e recoller os materiais e pertenzas que podan ter aquí a día de hoxe.
- 25 de xuño ao 3 de xullo. Prazo de matrícula para aqueles alumnos que teñan todo aprobado en xuño[3].
Aproveitamos tamén a ocasión para recordarlles que a Secretaría do Centro seguirá aberta para atendelos en horario de mañá ao longo de todo o período estival. No caso do profesorado, seguimos todos a súa disposición durante o mes de xuño e a partires do 3 de agosto para reforzo, consultas e resolución de dúbidas. Se ben é certo que non podemos asegurar a presencialidade doutros anos no Curso de Verán, tamén o é a nosa aposta por unha atención personalizada dos nosos alumnos.
[1] Pregamos que aquelas persoas que desexen acudir ao centro sexan respectuosas coas medidas sanitarias e as limitacións de aforo.
[2] Deberanse entregar os libros prestados polo centro ao comezo do curso e aqueles adquiridos por medio do cheque escolar.
[3] Recorden que a matrícula é o paso seguinte á reserva de praza (que é o tramite que xa fixeron nos meses pasados).